Cinco anos do premio José Couso da Liberdade de Prensa

Dossieres

Coa entrega do premio José Couso de Liberdade de Prensa á veterana xornalista Rosa María Calaf, péchase esta quinta edición dun premio que pretende ser a un tempo unha homenaxe anual a José Couso e unha voz de alarma e denuncia das situacións de ameazas ós xornalistas negando así un dereito fundamental como é o dereito á información.

Este incumprimento require da máxima atención por parte de todos e a divulgación non só dos xornalistas, senón dos sectores que contribúen a formar unha opinión pública debidamente crítica coa nosa sociedade. Algúns dos xornalistas que teñen que loitar contra esta situación foron nominados e galardoados nas edicións do Premio José Couso.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol crearon o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en memoria do cámara ferrolán José Couso, disparado no Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003, mentres cubría o conflicto bélico en Iraq para os informativos de Tele 5.

Os organizadores queren personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

Documentación