Os medios no accidente de tren de Santiago de Compostela

Dossieres

A traxedia ferroviaria que golpeou a toda a sociedade galega tamén se deixou sentir no xornalismo. Ademais da mobilización dos xornalistas para cubrir o accidente, ao menos dous profesionais da comunicación están entre as vítimas do mesmo.

Para alén disto, e á espera de poder facer unha leitura máis pausada sobre o tratamento da catástrofe, xa se produciron numerosos comentarios, tanto positivos como negativos, da cobertura do accidente que están a realizar os distintos medios.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, neste sentido, xa recordou cales son os criterios que teñen que primar o tratamento deste tipo de información, recollidos no Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe, e pediu aos medios respecto na difusión de imaxes de vitimas de familiares.

Recollemos neste dossier as noticias, prosicionamentos e comentarios relacionadas cos medios de comunicación nesta catástrofe.

Documentación