Precariedade nos medios

Dossieres

A proximidade do primeiro de Maio, Día da Clase Traballadora, e o 3 de Maio, día da Liberdade de Prensa, achegan numerosas posturas e chamamentos contra a precariedade laboral no xornalismo.

A situación laboral nos medios, crítica, fica ben ás claras na actualidade. Se nesta véspera do Primeiro de Maio se está a realizar unha folga de vinte e catro horas en RTVE, as recentes mobilizacións e despedimentos de Efe, Avui ou El Correo de Andalucía son a penas os últimos expoñentes dunha longa serie de conflitos laborais.

Por iso, en vésperas destas dúas citas importantísimas para os traballadores da información, no Colexio recompilamos, a espera de novos manifestos e actos que sen dúbida se producirán nos próximos días, as distintas posturas das asociacións de xornalistas. Da convocatoria do SXG ás propostas da última reunión da Federación Europea de Xornalistas, incluíndo o informe realizado polo CPXG sobre a situación laboral da profesión e os actos de sindicatos noutras partes do Estado. Unha chamada que continuará nos próximos días contra a precariedade laboral.

CPXG

Documentación