Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

  1. Coléxiate
  2. Os teus datos
  3. Documentación
  4. Pagamento

Mediante este formulario podes tramitar a túa colexiación online e escoller a modalidade de pagamento que queiras. Deberás achegar certa documentación escaneada que che indicaremos, e que depende da túa situación laboral actual.

Aínda non es colexiado/a?

Facerse membro do Colexio é o mellor xeito que temos de defender a profesión e contar co seu amparo. Ao estares colexiado/a, contarás cun organismo que actúa constantemente na defensa da profesión a nivel ético, competencial, de dereitos e laboral. Asemade dispós de todas as vantaxes para acrecentar a túa formación continua e accederás a descontos moi favorecedores en diferentes productos e servizos.

Non me importa que os demais membros do Colexio vexan o meu perfil (podes mudar esta opción e a túa información máis adiante).
Cubre o formulario cos seus datos e revisarémolos para engadilo na nosa base de datos.

Documentación escaneada

Anexa unha fotocopia da túa titulación ou o expediente académico no que conste que superaches o primeiro ciclo.

Só para comunicadores audiovisuais

Se es titulado/a en Comunicación Audiovisual, necesitamos que nos envíes un certificado da empresa onde traballas que especifique que realizan labores informativos.

Fotografía tipo carné

Sube unha imaxe túa de cara e mirando de fronte á cámara. Non aceptamos imaxes onde saias de perfil nin de corpo enteiro.

Escaneado das dúas caras

Engade un ficheiro co teu DNI escaneado polas dúas caras. Non importa que o escaneado sexa a cor ou en branco e negro.

Descarga e completa a autorización SEPA para domiciliar as cotas

Texto-explicación-autorizacion-sepa

Opcións de pagamento

Ao que remates este proceso, crearemos o teu perfil na web con estes datos. A continuación deberás escoller unha forma de pagamento para aboar a cota inicial. Non terás acceso á comunidade ata que completes este proceso.

Informámoslle de que ao continuar acepta a política legal en base ao tratamento de datos persoais polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia con CIF Q1500262I para proporcionar o servizo solicitado e facer a facturación dos mesmos. Os seus datos manteranse sempre que se manteña a relación comercial ou durante os anos necesarios para cumprir coas obrigas legais. Os datos non serán transferidos a terceiros, salvo nos casos en que exista unha obriga legal.

Se desexa obter máis información sobre o tratamento dos seus datos, corrixir os que son inexactos, opoñerse e / ou limitar calquera tratamento que considere que non é necesario ou solicitar a cancelación do tratamento cando os datos non sexan necesarios, pode enviar un escrito (sempre acreditando a súa identidade) á dirección: xornalistas@xornalistas.gal