Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Martes, 07 de setembro de 2010 | 05:18

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Funcións e competencias

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha entidade creada no ano 2000 coa finalidade de agrupar aos xornalistas de Galicia, poñelos en contacto, ofrecerlles unha serie de servizos e vantaxes colectivas e defender os dereitos comúns da profesión.

As funcións do Colexio son:
  1. Afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo os seus traballos.
  2. A defensa profesional dos seus membros.
  3. Garantir a independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.
  4. Defender, de acordo co artigo 20.1 da Constitución Española, o dereito á liberdade de información e de expresión garantidas a todos os cidadáns.
  5. Salvagardar á sociedade de informacións que tendan a deformar voluntariamente a realidade dos feitos.
  6. Poñer especial acento na defensa do segredo profesional e na aplicación da cláusula de conciencia, como tamén recolle a Constitución.
  7. Todos aqueles puntos que o Colexio crea convenientes para o exercicio da súa función, así como todas as outras funcións previstas na lexislación vixente sobre colexios profesionais.


© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación