Biografía

Naceu en Guitiriz (Lugo), no ano 1973. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela, máster en Sociedade da Información pola UOC e MBA pola Escola de Negocios Abanca, é director xeral do dominio PuntoGal (www.dominio.gal) e socio director da empresa de comunicación Orestes Comunica (www.orestescomunica.com). Janeiro tamén é profesor asociado na facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e na UOC de Barcelona. Anteriormente, foi Director de Contidos en Cinfo (www.cinfo.es), do grupo R Cable, xefe de redacción no Grupo Zeta en Madrid e redactor no Grupo El Correo Gallego en Santiago de Compostela. É un dos impulsores e actual secretario do Premio José Couso á Liberdade de Prensa e coordinador da web do CPXG (www.xornalistas.gal). Anteriormente foi vocal na Xunta de Goberno do CPXG 2000-2004 e tesoureiro nas Xuntas de Goberno 2004-2008, 2008-2012 e 2012-2016. Igualmente, foi membro da xunta directiva da Asociación da Prensa de Santiago (APSC). Máis información en Linkedin.