Biografía

Xornalista en tempos de crise e domadora de dragóns en mundos literarios. De 1987 a 1999 desempeñou labores de locutora e redactora nas emisoras de Radio Ourense (Cadena Ser), Radio Minuto Santiago (Ondas Galicia), Radio Popular Ourense (Cadena Cope), Voz de Galicia Radio e Onda Cero Ourense (Uniprex). No período 1994-1996, colaborou como redactora e fotógrafo en distintas delegacións dos xornais La Voz de Galicia e La Región. En 1998 recibiu Premio Xosé Aurelio Carracedo de Xornalismo  no apartado de "Medios Audiovisuais", pola produción e realización do programa A Fiestra, de Onda Cero Ourense. En 1999 incorporouse á plantilla de Faro de Vigo, desempeñando o labor de xornalista nas súas delegacións de Ourense, Pontevedra e dende 2002 a 2013 traballou en Cangas do Morrazo.

www.elenagallego.gal