Biografía

Ana González Liste naceu en Vigo en 1990. Licenciada en Xornalismo pola Universidad Complutense de Madrid, ten un Máster pola Universitat de Barcelona e a Columbia Journalism School e pertence á asociación Xornalistas Galegas. Formou parte da radio e
do xornal universitarios na Facultad de Ciencias de la Información e traballou no xornal Faro de Vigo, na redacción de Barcelona de El País, na axencia Europa Press e na revista de cultura galega Inorantes. Colabora nas publicacións Luzes, La Marea e Vinte. Na actualidade traballa no Nós Diario.