O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia edita unha serie de publicacións propias, atendendo á súa vocación de servicio e investigación no eido da comunicación. Entre os traballos elaborados, atópanse o Informe sobre a Comunicación de Galicia e a Guía de medios.
Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas
O "Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas" realizado polo Colexio de Xornalistas recolle até cinco exemplos distintos de prazas convocadas desde febreiro de 2009 nos que non se requería a titulación adecuada para postos de comunicación. As administracións e empresas públicas continúan, por tanto, unha mala práctica, moi asentada, que convirte a profesión da comunicación, en xeral, nunha das que maior índice de intrusismo presentan..
Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas
Estudo sobre a situación dos e das xornalistas en Galicia
O ‘Estudo sobre a situación dos e das xornalistas en Galicia’, realizado polo Colexio Profesional e Xornalistas coa colaboración da Dirección Xeral de Xustiza da Xunta de Galiciaa recolle datos sociolaborais dos xornalistas galegosa, recollidos a través de enquisas aos inscritos e inscritas no Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e no Sindicato de Xornalistas de Galicia ademais de entrevistas en profundidade a representantes de distintos medios e organizacións do sector e a consulta das bases de datos do Servizo Público de Emprego GalegoOs datos foron recollidos no segundo semestre do ano 2008, encargándose do traballo de campo a empresa Cidadanía.
Estudo sobre a situación dos e das xornalistas en Galicia
Informe sobre o tratamento informativo do accidente de Barajas
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), a través do seu Observatorio Galego dos Medios, publica o Informe sobre o tratamento informativo do accidente de Barajas, que analiza a cobertura dos principais medios con penetración en Galicia sobre a traxedia do voo JK5022. O relatorio ten a súa orixe nos últimos días de Agosto, cando a Xunta de Goberno do CPXG expresara a súa preocupación polo comportamento dos medios no tratamento deste acontecemento, e encargara ao OM a realización dun estudo detallado.
Informe sobre o tratamento informativo do accidente de Barajas
Xornada "O Papel dos Medios na Información de Xénero"
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) publica a continuación o informe e as conclusións da xornada celebrada o 24 de novembro en Lugo. A especialización dos xornalistas en materia de xénero, a consciencia e o fomento, dentro do discurso mediático, da necesidade dun cambio nas estruturas sociais para "educar" á sociedade foron as claves máis repetidas ao longo da xornada para que os medios contribúan á erradicación da violencia machista.
Conclusións
Libro de Actas do Foro de Ciencia e Comunicación
Favorecer o contacto e o coñecemento mutuo entre xornalistas e científicos. Este foi o obxectivo do primeiro Foro de Ciencia e Comunicación que se desenvolvou no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, organizado polo CPXG. Podes descargar o Libro de Actas do Foro de Ciencia e Comunicación en formato pdf:
Libro de Actas do Foro de Ciencia e Comunicación

A lingua nas novas
O Colexio Profesional de Xornalistas pretende analizar neste libro a situación lingüística dun dos actores sociais que máis podería ter aportado a impulsión e consolidación do proceso de normalización lingüística en Galicia: os medios de comunicación.
Este informe é froito do traballo dun grupo de investigación que iniciou o estudio no ano 2002. Mediante o emprego de técnicas de investigacións cuantitativas e cualitativas obtivéronse datos e análise non
só dos hábitos lingüísticos dos medios de comunicación impresos e audiovisuais na Galicia actual, senón ademais das actitudes e reflexións dos seus protagonistas –xornalistas e directores de medios de
comunicación- e outros analistas da situación –lingüistas, sociólogos, economistas, filósofos...-.
Pode descargar o informe por capítulos, en formato pdf:
-
Portada
-
Índice
-
Introducción
-
Xornal a xornal
-
Relacións laborais e estratexias lingüísticas
-
Galego nas condicións laborais
-
Galego dos lectores, galego do xornal
-
Conclusións
-
Metodoloxía
-
Bibliografía

Informe sobre a comunicación en Galicia
O primeiro informe sobre a situación laboral dos xornalistas galegos foi publicado polo Colexio de Xornalistas, nun libro de gran formato con 120 páxinas e gran número de cadros e gráficos explicativos, distribuído entre todos os colexiados.
O libro é o resultado dunha investigación financiada polo propio Colexio e dirixida por Miguel Túñez, xornalista, colexiado e profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago.
A tiraxe inicial do informe, á venda en librarías ao prezo de 20 euros, foi de 2.000 exemplares. O libro da conta da especial preocupación derivada da inestabilidade contractual e precisa que "o salario é o principal motivo de insatisfacción laboral".
Pode descargar o
informe completo en formato pdf.

Guía de medios Galicia
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia publicou unha completa Guía de medios de Galicia con aproximadamente 400 entradas cos datos esenciais de empresas, axentes e institucións da comunicación en Galicia. A tiraxe inicial foi de 2.500 exemplares. A Guía foise actualizando a través da web.
Pode descargar a
guía completa en formato pdf.