Xornalismo na Escola

Do ao

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa' poñen en marcha a terceiredición da iniciativa 'Xornalismo na Escola', na que profesionais en paro impartirán xornadas didácticas sobre comunicación a alumnos de 3º e 4º da ESO en Intitutos de Ensino Secundario de toda a xeografía galega.

Nestas xornadas impartiranse nun total de 90 obradoiros para escolares de 3º e 4º da E.S.O, distribuidos entre I.E.S de toda a comunidade. O obxectivo de 'Xornalismo na Escola' é introducir ao alumnado no mundo dos medios de comunicación, cada vez máis importante hoxe en día.

Os talleres estarán impartidos por colexiados ou colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que se atopen en paro, tendo preferencia aqueles que se encontren en situación de desemprego de longa duración. Cada un dos nove xornalistas seleccionados impartirá o taller a 10 grupos diferentes de alumnos, cunha duración hora e media cada un. 

Este proxecto é posible a un convenio de colaboración coa Obra Social 'la Caixa', quen leva realizando dende fai anos este mesmo proxecto en Cataluña, Madrid e Sevilla.

                                                             

Primeira edición de Xornalismo na Escola

Segunda edición de Xornalismo na Escola