Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas 2019

Do ao

Horario: Venres 1 de marzo de 11:00 a 20:45 horas e sábado 2 de marzo de 10:30 a 17:45 horas

Lugar: Teatro Principal. Rúa Paio Gómez Charino, 6. 36002 Pontevedra

A Deputación de Pontevedra organiza a segunda edición do Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas para reunir mulleres de diferentes xeracións e perfís, todas elas profesionais do xornalismo e a escritura, que reflexionarán durante dous días sobre a realidade do xornalismo de opinión en España. O Foro vaise desenvolver o venres 1 e sábado 2 de marzo no Teatro Principal de Pontevedra (Rúa Paio Gómez Charino, 6).

Se o xornalismo é un sector dirixido maioritariamente por homes, o da opinión é un xénero no que as mulleres levan anos pelexando para atopar o seu espazo nas páxinas dos xornais, nos que as firmas son un 80 % masculinas, nos faladoiros de radio e televisión e nos novos medios dixitais. A pesar desa realidade, hai mulleres columnistas, que escriben, que opinan, que abren blogs para posicionarse sobre a actualidade e a realidade na que viven, hai mulleres que dirixen medios e hai mulleres que introducen na axenda mediática temas e voces silenciadas durante anos. O Foro As Mulleres que Opinan Son Perigosas reune a quince delas a fin de semana que vén no co seguinte programa:

Venres 1 de marzo

11:00 h Inauguración: as xornalistas Diana López e Susana Pedreira conversan coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores
11:30 h Chus Gómez "A opinión na prensa local"
12:15 h Lorena G. Maldonado "A polémica está servida. Crítica cultural e televisiva"
13:00 h M.ª Xosé Porteiro "A habitación propia dunha pioneira"
13:45 h Gemma Herrero "Mulleres falando de pelotas: opinión deportiva"
14:30 h Pausa para xantar
17:00 h Carmen Magdaleno "Opinión en redes. De retuits e favs"
17:45 h Ana Requena Aguilar "Novas responsabilidades nas redaccións: xefa de xénero"
18:30 h Descanso
19:00 h Ana Romaní "Promovendo a opinión cultural. Feminismo crítico e compromiso social desde a comunicación cultural"
19:45 h Pepa Bueno "A muller que manda na radio matinal de España"
20:45 h Despedida

Sábado 2 de marzo

10:30 h Benvida: "Un ano despois. Como cambiamos desde o pasado 8-M?"
11:00 h Irene Bascoy "Opinión para a análise política na prensa galega"
11:45 h Lucía Mbomio "Opinión e xornalismo para entender a complexidade, circunstancias e vida das mulleres negras"
12:30 h Tati Moyano e Tareixa Navaza "Xornalistas en defensa dos medios públicos"
13:15 h Towanda Rebels "Opinión multimedia. Risa e ironía contra privilexios"
14:30 h Pausa para xantar
16:30 h Presentación do colectivo de xornalistas galegas "En defensa dun xornalismo con perspectiva feminista"
17:00 h Marta Sanz "Opinando desde o feminismo. Novas linguaxes"
17:45 h Despedida

Máis información e formulario de inscrición na web da Deputación de Pontevedra.