I Premio de Xornalismo Lueiro Rey
Do ao
O Concello de Fornelos convoca o I Premio de Xornalismo Lueiro Rey para artigos divulgativos e de opinión no ámbito da denuncia social.
Poderán concorrer a este certame todas as persoas que o desexen e cada participante deberá facelo cun único artigo, inéditos, escrito en galego e redactado nun estilo xornalístico de carácter divulgativo e/ou de opinión no ámbito da denuncia social, con entre 2.500 e 3.500 caracteres.
Os artigos deberán presentarse por cuadriplicado, ben no propio Concello ou por correo certificado, en cuxo remite só deberá figurar o pseudónimo. O prazo de presentación rematará o día 30 de xuño de 2017.
A dotación do premio único e indivisible é de 1.000 euros.
Máis información nas bases do certame.