III Premio ESET de Xornalismo en Seguranza Informática

Do ao

Información de contacto:

ESET España
96 291 33 48 ext. 4
comunicacion@eset.es

ESET España convoca a terceira edición do Premio ESET de Xornalismo en Seguranza Informática, que busca fomentar a divulgación do coñecemento necesario que permita aos usuarios gozar da tecnoloxía de xeito seguro.

Poden participar xornalistas de España e Andorra que publicaran nun medio español ou andorrano entre o 31 de xullo de 2018 e o 10 de xuño de 2017 algún traballo xornalístico (artigo, blog, podcast, ou reportaxe escrita, radiofónica ou televisiva) que tratara temas de ciberseguranza. Pódese participar cun máximo dun traballo por categoría (prensa tradicional ou prensa dixital).

As persoas interesadas deben inscribirse envíando un correo a comunicacion@eset.es anexando o traballo e indicando nome e apelidos, teléfono de contacto, categoría na que se participa e medio no que se publicou o traballo. Ás 23:59 do 10 de xuño de 2019 remata o prazo para presentarse ao concurso. Máis información na web do premio