IV Premios Compromiso
Clece Social convoca a IV edición dos Premios Compromiso, dedicados a recoñecer iniciativas destacadas na loita contra a violencia de xénero desde distintos ámbitos, especialmente aquelas vinculadas á integración laboral das mulleres vítimas.
Entre as categorías dos premios atópase un galardón ao mellor traballo xornalístico relacionado coa violencia de xénero, que será premiado con 7.000 euros. Poden optar a el traballos escritos e publicados en España en calquera das linguas oficiais, en medios de comunicación impresos e online ou outros soportes dixitais entre o 15 de xuño de 2017 e o 15 de xuño de 2018, ambos os dous inclusive.
As candidaturas deberán enviarse en formato dixital a premioscompromiso-comunicacion@clece.es antes das 19,00 horas do 14 de setembro de 2018.
Máis información nas bases do premio.