IV Premios Gesto

Do ao

Información de contacto:

premiogesto@fundacionfans.org

A Fundación Audiovisual para la Normalización Social (FANS) convoca a cuarta edición dos Premios Gesto, cos que pretende ofrecer un recoñecemento ás empresas e profesionais dos medios de comunicación que favorecen a difusión dunha imaxe social xusta e positiva das persoas con discapacidade.

Estabelécense dúas categorías: o Premio Xesto aos medios audiovisuais e o Premio Xesto á traxectoria persoal. En ambos os dous casos, o xurado valora as achegas realizadas para visibilizar ás persoas con discapacidade nos medios de comunicación sen caer en estereotipos e prexuízos sociais.

As candidaturas deben ser dirixidas á Secretaría Técnica do Premio Gesto a través do correo electrónico premiogesto@fundacionfans.org.O prazo de presentación de candidaturas finaliza o próximo 31 de decembro de 2019. 

Máis información nas bases do premio.