IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a violencia de xénero

Do ao

Lugar: Auditorio de Abanca. Rúa do Preguntoiro, 23. Santiago de Compostela

Información de contacto:

Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Rúa Espiñeira, 10 Baixo.
15706 Santiago de Compostela
Teléfono: 981 534 049
Fax: 981 534 983
xornadasviolenciaxenero@copgalicia.gal

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Consejo General de la Psicología de España organizan, coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, a IX Xornada Estatal de Psicoloxía contra a violencia de xénero baixo o lema Abrindo o foco: A violencia de xénero, un problema con rostros, que se vai celebrar o 24 e 25 de novembro de 2017 no Auditorio de Abanca en Santiago de Compostela (Rúa do Preguntoiro, 23).

Esta xornada quere constituír un foro científico no que construír un relato poliédrico e así obter un retrato moito máis completo e ambicioso co que definir o impacto real da violencia por motivo de xénero. A mellor comprensión desta problemática é unha peza imprescindible no camiño preciso para a súa erradicación.

A xornada vai desenvolverse co seguinte programa:

Venres 24 de novembro

15:30-16:00    Entrega de material     
16:00-16:30    Acto inaugural     
16:30-17:30    “As raíces dun problema, o impacto en cada unha das partes implicadas. Sandando a ferida ancestral”    
Modera: Belén Regueira Leal (xornalista)
Interveñen:

  • Rosa Cobo Bedía (socióloga e Catedrática de Socioloxía da UDC).
  • Concepción Fernández Fernández (Psicóloga)
  • Lidia Senra Rodríguez (Eurodeputada)
  • Encarna Otero Cepeda (Historiadora)

17:30-18:00    Pausa-café
18:00-20:00    “Visibilizando outros rostros da violencia de xénero”

  • “A trata sexual femenina como máxima expresión da Violencia de Xénero”.
    Silvia Pérez Freire  (Socióloga)
  • “A violencia de xénero nos ollos das persoas maiores”
    María Lueiro Mendoza  (Psicóloga do Centro de Día Atendo)
  • “Violencia contra as mulleres con discapacidade. Ver e recoñecer os sinais”
    Hadriana Ordóñez Otero (Psicóloga e sexóloga de ACADAR)
  • “Mulleres vítimas de violencia de xénero na entorna rural”
    Isabel Vilalba Seivane (Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego)
  • “Realidades ocultas da violencia de xénero no colectivo LGBTI”
    Penélope Alonso Vázquez (Psicóloga e sexóloga colabora co colectivo LGTB-I Compostela)

Sábado 25 de novembro

10:00-11:45    Mesa "Trauma e dependencia"

  • “Impacto da violencia de xénero na identidade e saúde mental das persoas afectadas. Reflexións sobre a intervención”    
    Cristina Polo Usaola (Doutora en Psiquiatría e xefa dos Servizos de Saúde Mental da Hortaleza. Madrid)

11:45-12:15    Pausa-café
12:15-14:00    "Parentalidade na violencia de xénero. Intervención cara ao bo trato”

  • “A orixe: Apego, o pranto de apego e a fobia ao apego”    
    Mª Elena Rodríguez Borrajo (Psicóloga e fundadora do centro Alén)

16:00-18:00    "Reflexións sobre o xénero"

  • “Novas masculinidades: Construíndo unha autoestima positiva (Arquetipos da autoestima masculina)”
    Santiago Boira Sarto (Doutor en Psicoloxía e profesor de la Universidade de Zaragoza)
  • ¿Reforma ou revolución? Retos da Igualdade de xénero na actualidade    
    Sara Berbel Sánchez (outora en Psicoloxía Social)

18:00-18:30    Pausa-café
18:30-20:00    Performance     
20:00-20:30    Acto de Clausura    

Máis información e inscricións na web das Xornadas.