Premio Gabo 2020

Do ao

Información de contacto:

premio@fundaciongabo.org

A Fundación Gabo abre as inscricións ao Premio Gabo 2020, co obxectivo de "promover un mellor xornalismo, a procura da excelencia, a innovación, o rigor no tratamento dos feitos e a coherencia ética por parte dos xornalistas que traballan e publican de xeito regular en español e portugués para o público de América, España e Portugal".

As inscricións están abertas ata o 5 de outubro na plataforma do premio para os xornalistas que publicaran traballos en español ou en portugués entre o 1 de abril de 2019 e o 30 de xuño de 2020, en calquera formato ou tipo de medio. O galardón consta de catro categorías: Texto, Imaxe, Cobertura e Innovación. 

Cada un dos catro gañadores do Premio Gabo recibirá 35 millóns de pesos colombianos e un exemplar da escultura Gabriel, da autoría de Antonio Caro. Así mesmo, os dous finalistas de cada categoría recibirán 8 millóns de pesos colombianos.

Máis información nas bases do premio