Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2020
O Instituto de la Juventud convoca os Premios Injuve de Xornalismo e Comunicación 2020 co fin de "recoñecer o esforzo e o compromiso de novos xornalistas ou comunicadores no ámbito do xornalismo social, fomentando así o desenvolvemento e a difusión da súa carreira profesional".
A nova edición distinguirá aqueles traballos que mellor contribúan ao fomento, defensa e difusión de valores cívicos, sociais e de igualdade nas modalidades de Xornalismo impreso, Fotoxornalismo, Xornalismo audiovisual (radio e televisión) e Xornalismo dixital, cada unha delas dotada con 4.500 euros.
Poden presentarse ao premio os traballos publicados entre o 1 de xaneiro de 2019 e o 30 de xuño de 2020 por candidatos que non superen os 35 anos de idade.
A solicitude está dispoñíbel na sé electrónica do Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030 (Ministerio de Sanidade) ou neste enlace. Poden presentarse candidaturas até o día 14 de agosto.
Máis información nas bases do premio.