V Premio de Xornalismo en Positivo

Do ao

Información de contacto:

Asociación de Periodistas de Ávila
premioperiodismoenpositivo@gmail.com

A Asociación de Periodistas de Ávila, co patrocinio de Nissan, convoca o V Premio de Xornalismo en Positivo destinado a premiar o traballo de prensa, radio, televisión ou dixital do 2019 que reflicta mellor os valores positivos relacionados co emprendemento, a cooperación ou o esforzo en calquera ámbito da sociedade (económico, social, cultural...).

Poden participar todas aquelas persoas vinculadas co xornalismo con traballos publicados en medios de comunicación desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2019. O galardón, como nas edicións anteriores, conta cunha dotación económica de 1.000 euros e será entregado en marzo de 2020.

O prazo para a entrega de obras, que deberán enviarse ao correo electrónico premioperiodismoenpositivo@gmail.com, estará aberto dende o 1 de xaneiro de 2020 ata o 31 de xaneiro de 2020.

Máis información nas bases do premio