V Premios de Xornalismo contra a Violencia de Xénero

Do ao

Información de contacto:

Premio de Periodismo contra la Violencia de Género ‘Fundación Aliados por la Integración’.
premioperiodismo@fundacionaliados.org

A Fundación Aliados por la Integración, anteriormente Fundación Grupo Norte, convoca os V Premios de Xornalismo contra a Violencia de Xénero, que teñen como obxectivo recompensar aqueles traballos xornalísticos que contribúan á difusión de valores contra a violencia de xénero cun tratamento adecuado.

Estabelécense tres categorías: Medio escrito (diarios, revistas ou medios dixitais acreditados), Radio e Televisión, cada unha delas dotada cun importe de 3.000 euros. 

Os traballos deberán ter sido publicados ou difundidos entre o 25 de novembro de 2019 e o 15 de outubro de 2020, e irán acompañados do nome e domicilio do autor, teléfono de contacto, mencionando lugar, data e título da publicación ou emisión e breve currículum profesional.

As candidaturas enviaranse antes do 15 de outubro do 2020 por correo electrónico ao enderezo premioperiodismo@fundacionaliados.org. Só poderá presentarse un traballo por autor.

Máis información nas bases do premio