VI Premio Internacional de Xornalismo ‘Cátedra Manu Leguineche’

Do ao

Información de contacto:

FAPE
Centro Internacional de Prensa.
C/ María de Molina, 50. 1ª planta.
28006 Madrid

A Federación de Asociacións de Periodistas de España (FAPE), a Universidade de Alcalá (UAH), a Deputación Provincial de Guadalajara, o Concello de Brihuega e a Fundación Xeral da Universidade de Alcalá convocan o VI Premio Internacional de Xornalismo 'Cátedra Manu Leguineche'.

O galardón conta cunha dotación de 8.000 euros e un símbolo institucional representativo e busca honrar a figura dos xornalistas españois cuxa traxectoria sexa destacable pola súa independencia, rigor, respecto á verdade e defensa da liberdade de expresión, así como a daquelas institucións ou medios de comunicación que sobresaian pola defensa destes valores.

As candidaturas deben presentarse antes do 20 de setembro de 2018, enviándoas por correo certificado á sé da FAPE (Centro Internacional de Prensa. C/ María de Molina, 50. 1ª planta. 28006 Madrid). Poden optar únicamente institucións, medios de comunicación e xornalistas a título persoal, que poderán ser propostos por asociacións profesionais de xornalistas, por empresas vinculadas ao xornalismo, polas institucións convocantes e por calquera membro do xurado. Tamén poderán presentarse candidaturas libremente a título individual.