XI Premio de Xornalismo sobre Aviación en Español

Do ao

Información de contacto:

redaccion@aviaciondigital.com
www.aviaciondigital.com

O portal de noticias especializado en aviación Aviación Digital convoca a undécima edición do Premio de Xornalismo sobre Aviación en Español, co que se pretende incentivar o interese pola información aeronáutica de calidade entre os profesionais e estudantes de Xornalismo.

Poderanse presentar aqueles traballos que fosen publicados nalgún medio de comunicación en español entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. No caso dos estudantes, poderán presentar os seus traballos aínda que non fosen publicados en ningún medio, segundo se estabelece nas bases. Nesta edición, valoraranse especialmente os traballos dedicados á “conciliación do mundo do dron no espazo aéreo controlado”.

O mellor traballo entre os publicados por profesionais do xornalismo no 2018 será recoñecido con 1.200 euros e dous billetes de avión con Norwegian desde calquera destino español. No caso das publicacións estudantís, o premio será unha bicicleta eléctrica.

Os traballos a concurso deben enviarse por correo electrónico a redaccion@aviaciondigital.com antes do 31 de xaneiro de 2019.

Máis información nas bases do premio.