XI Premio Paco Rabal de Xornalismo Cultural
Do ao
A Fundación de Artistas, Intérpretes, Sociedade de Xestión (AISGE) convocou a undécima edición do Premio de Xornalismo Paco Rabal, un galardón que pretende distinguir os mellores traballos do xornalismo escrito (artigos, reportaxes, entrevistas) sobre a realidade do traballo dos actores, bailarines, dobladores ou directores de escena.
Os artigos deberán ter sido publicados entre o 16 de xullo de 2016 e o 15 de xullo de 2017, en calquera das linguas oficiais do Estado español e nun medio escrito, con independencia da súa periodicidade, difusión ou formato (físico ou dixital).
O premio conta cunha dotación de 5.000 euros para o ganador, ademais dun trofeo conmemorativo do escultor Ángel Aragonés. O segundo clasificado será recoñecido cun accésit de 3.000 euros. Así mesmo, desde 2013 recoñécese aos xornalistas culturais de menos de 30 anos coa categoría Nova Promesa, dotada con 1.000 euros.
Os xornalistas interesados en postularse deben presentar as súas candidaturas antes das 23:59 horas do 25 de setembro.
Máis información nas bases do premio.