XIII Premios da Fundación Luís Tilve

Do ao

Información de contacto:

XIII Premios Luís Tilve
Avda. Cruceiro da Coruña, nº 22, baixo.
15705 Santiago de Compostela 
fluistilve@hotmail.com.

A Fundación Luís Tilve convoca a XIII edición dos seus premios destinados a persoas, asociacións ou entidades que merezan ver destacada e premiada a súa labor, como exemplo e factor de estímulo positivo diante da comunidade galega, en relación os valores que se pretende impulsar. Os premios serán catro, denominados: "Traballo digno", "Acción solidaria", "Defensa do medio ambiente e dos bens comúns" e "Investigación e divulgación histórica". 

Para presentar a candidatura cómpre enviar unha presentación, descripción da actividade ou traballo, proxectos e resultados dos mesmos, por correo ordinario ao enderezo “XIII Premios Luís Tilve”. Avda. Cruceiro da Coruña, nº 22, baixo. 15705 - Santiago de Compostela ou por correo electrónico a fluistilve@hotmail.com. O prazo para a presentación de candidaturas remata o 1 de outubro de 2019.

Máis información nas bases do premio.