XVI Premio de Xornalismo Francisco Fernández del Riego e XL Premio de Xornalismo Julio Camba
Afundación e Ámbito Cultural de El Corte Inglés convocan a XL edición do Premio de Xornalismo Julio Camba para artigos escritos en castelán e a XVI edición do Premio Fernández del Riego para textos realizados en galego.
A esta nova convocatoria poderanse presentar unicamente artigos incluídos no xénero de xornalismo literario ou ben no de artigo de opinión, cunha extensión máxima de dúas páxinas no caso de edicións impresas e o seu equivalente para as edicións en dixital.
Só se permite achegar un texto por persoa que aparecese en calquera medio de comunicación, impreso ou dixital, de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2018. O prazo de presentación dos traballos rematará o 24 de abril de 2018.
Os traballos deberán remitirse ao correo electrónico premios@afundacion.org, indicando no asunto o premio ao que se opta, ou á Sede Afundación, na rúa Policarpo Sanz, 26 - 36202, Vigo, nun sobre pechado e indicando no exterior o premio ao que se opta.
Máis información nas bases dos premios.