XVIII Premio de Xornalismo Johán Carballeira
Do ao
Información de contacto:
XVIII Premio de Xornalismo Johán Carballeira
Concello de Bueu
Rúa Eduardo Vicenti, nº 8
36930 Bueu
O Concello de Bueu convoca unha nova edición do Premio de Xornalismo Johán Carballeira. Poden presentarse ao galardón traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero xornalístico escritos en lingua galega e publicados con sinatura ou con pseudónimo ao longo do 2020.
Ate o 31 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para o envío das propostas dos aspirantes, no enderezo Concello de Bueu, rúa Eduardo Vicenti, nº 8, 36930 Bueu, indicando “XVIII Premio de Xornalismo Johán Carballeira”, en formato papel ou dixital. O premio terá unha dotación única de 1.500 euros.
Máis información nas bases do premio.