XXI Premio de Xornalismo Francisco Valdés
Do ao
Información de contacto:
Ayuntamiento de Don Benito
Plaza de España, s/n.
06400, Don Benito, Badajoz
premiofranciscovaldes@donbenito.es.
O Concello de Don Benito convocou o XXI Premio Nacional de Xornalismo Francisco Valdés para recoñecer traballos, escritos en castelán, que abarquen algún dos aspectos culturais e sociais da vida española.
O galardón establece dúas modalidades, unha para traballos publicados en medios de comunicación impresos ou dixitais ao longo de 2017 e outra para estudantes de xornalismo ou comunicación que presenten traballos escritos ou audiovisuais, inéditos ou publicados durante 2017.
Os traballos deben presentarse antes das 14:00 horas do 19 de marzo de 2018, ben no rexistro do Concello de Don Benito (Plaza de España, s/n., 06400, Don Benito, Badajoz) ou, no caso dos traballos escritos, tamén por correo electrónico a premiofranciscovaldes@donbenito.es.
Máis información nas bases anexas.