XXI Premio Xornalístico Albarelo

Do ao

Información de contacto:

Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña
659 961 662
prensa@cofc.es

O Colexio de Farmacéuticos da Coruña convoca este ano a vixésimo primeira edición do seu Premio Xornalístico Albarelo, que aspira a fomentar a elaboración e difusión de traballos xornalísticos relacionados coa saúde e, en concreto, con calquiera das facetas do traballo profesional do farmacéutico.

Poderán optar ao mesmo todos os traballos xornalísticos difundidos por primeira vez entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2020 emitidos nos medios de comunicación de ámbito galego ou nacional, tanto escritos –soporte papel ou dixital– como radiofónicos ou audiovisuais. A convocatoria inclúe expresamente os referidos a xéneros como fotoxornalismo, viñeta xornalística ou infografía.

Os autores que desexen participar no premio deberán enviar unha copia publicada da obra ao Colexio Oficial de Farmacéuticos da provincia da Coruña (Rego de Auga, 29-4º - 15001 A Coruña) especificando no sobre "21º Premio de Xornalismo Albarelo", e introducindo un escrito cos seus datos persoais e un breve curriculum vitae que non exceda de 70 palabras, aínda que se o desexan poden acompañalo con outro curriculum vitae máis extenso con fins informativos. O prazo para recibir orixinais remata o luns 4 de xaneiro de 2021.

Estabelécese un primeiro premio de 3.000 € para o traballo máis destacado a xuízo do xurado e dous segundos premios de 1.000 € cada un dos dous finalistas.

Máis información na web do Colexio de Farmacéuticos.