XXII Premio de Xornalismo Miguel Delibes

Do ao

Información de contacto:

Asociación de la Prensa de Valladolid
Premio Nacional de Peridismo Miguel Delibes
Apartado de Correos 401
47080 Valladolid

A Asociación de la Prensa de Valladolid, con EspañaDuero como patrocinador principal, convoca o XXII Premio Nacional de Xornalismo Miguel Delibes, galardón que recoñece aqueles traballos centrados na temática do bo uso do español e os medios de comunicación.

Os traballos que concorran ao galardón deberán ser publicados entre o 1 de decembro de 2016 e o 12 de novembro de 2017. O premio estará dotado con 6.000 euros e unha escultura do artista vallisoletano Luís Santiago, cedida pola Fundación Miguel Delibes.

Os traballos deberán enviarse, por correo certificado, a: APV (Premio Nacional de Peridismo Miguel Delibes). Apartado de Correos 401. 47080 Valladolid. O prazo de entrega dos traballos finaliza o 17 de novembro e pódense presentar traballos de medios de comunicación impresos, dixitais, radio e televisión.

Máis información nas bases do premio.