XXXIII Premio de Xornalismo Mañé i Flaquer

Do ao

Información de contacto:

Ajuntament de Torredembarra
Plaza del Castell, 8
43830 Torredembarra
premis@torredembarra.cat
977 130 730 / 977 640 025

O Concello de Torredembarra, a Demarcación de Tarragona do Col.legi de Periodistes de Catalunya e Repsol, coa colaboración do porto de Tarragona, convoca a trixésimo terceira edición do Premio de Xornalismo Mañé i Flaquer, cuxa recepción de traballos estará aberta até o vindeiro 5 de outubro.

Os traballos a concurso poden optar ás seguintes categorías: Xornalismo Turístico (para artigos relativos a calquera lugar do mundo), dotada con 6.000 euros; Camp de Tarragona, cun premio de 8.000 euros (para traballos sobre o Camp de Tarragona en calquera ámbito); Fotoxornalismo Camp de Tarragona, con 3.000 euros de dotación (para imaxes vinculadas informativamente ao Camp de Tarragona, aínda que non se realizaran nesta rexión); e Comunicación Local (para xornalistas que realicen o seu labor no Camp de Tarragona), cuxo gañador recibirá 3.000 euros.

Os traballos, que deberan ter sido publicados na prensa diaria, periódica ou especializada, portais informativos en internet ou emitidos por radio ou TV entre o 1 de setembro de 2019 e o 31 de agosto de 2020, teñen que enviarse por correo electrónico a premis@torredembarra.cat, ou no Ajuntament de Torredembarra (plaza del Castell, 8. 43830 Torredembarra).

Máis información nas bases do premio