A UE inicia a regulación dunha IA que afecta cada día máis ao xornalismo
O Parlamento Europeo ratificaba este mércores a Lei Europea sobre Intelixencia Artificial, a primeira normativa do mundo sobre a materia pero que deixa sen regular cuestións fundamentais sobre o uso desta tecnoloxía. Ao mesmo tempo, a Comisión Europea instaba á transparencia da IA na comunicación por parte dos partidos políticos, evitando a difusión de deepfakes. A IA vai camiño de marcar a comunicación dos próximos tempos e o seu uso pode ser tanto unha oportunidade como un desastre para o exercicio do xornalismo.