A Xunta pide axuda aos medios para romper tópicos sobre as minorías
O secretario xeral de Emigración, Manuel Luís Rodríguez, sinalou, durante a presentación do libro 'A inmigración na prensa galega. O reflexo da diversidade. Perspectiva teórica e análise socio-estatística', que os medios de comunicación, ao ser "as fiestras dende as que a cidadanía mira, avalía e xulga a realidade", convértense nunha ferramenta de decisiva influencia na consolidación dos estados de opinión dos cidadáns sobre aquelas cuestións que os rodean e os afectan.