Quintero: "A sentenza recoñece censura en TVE"
O xornalista Jesús Quintero afirmou onte que "a Xustiza recoñeceu que se practicou a censura sen razón", en relación coa sentenza que obrigou a TVE a difundir a opinión do xornalista José María García sobre unha entrevista a el mesmo que a televisión pública decidiu non emitir completa.