O defensor do Pobo considera "imprescindible" a creación dun Consello Audiovisual Estatal
O Defensor do Pobo, Enrique Múgica, iniciou unha "actuación de oficio" ante o Ministerio da Presidencia, co fin de coñecer "as previsións existentes" por parte do Executivo acerca da creación dun Consello Audiovisual Estatal, compromiso incluído no programa electoral co que o PSOE concorreu ás eleccións de 2004.