O xornalista Jon Lee Anderson obtén o III Premio José Couso de Liberdade de Prensa
O xornalista norteamericano Jon Lee Anderson foi proclamado o venres gañador do III Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), o Club de Prensa de Ferrol e Caixanova. O fallo deuse a coñecer na Galería Sargadelos de Ferrol nun acto no que se anunciou tamén a actuación da Real Filharmonía de Galicia no programa de actos de entrega do galardón o vindeiro día 2 de maio.