Oferta de traballo para xornalistas
A axencia de comunicación Atelier busca un ou unha xornalista experta en comunicación dixital e organizador de eventos para un grupo de empresas de comunicación integral da Coruña.
A axencia de comunicación Atelier busca un ou unha xornalista experta en comunicación dixital e organizador de eventos para un grupo de empresas de comunicación integral da Coruña.
A semana que vén comeza a súa andaina o consorcio Trusted European Media data Space (TEMS), integrado por 43 organizacións e empresas de quince países distintos para crear un ecosistema compartido de datos, de acceso seguro e aberto, para contribuír á transformación dixital e mellorar a competitividade dos medios de comunicación de todo o continente europeo.
A situación na Franxa de Gaza está a resultar completamente devastadora para a liberdade de información, cunhas cifras de xornalistas mortos practicamente sen precedentes. En só once días de conflito, o Commitee to Project Journalists confirmou o pasamento de dezasete comunicadores: tres israelís falecidos no ataque liderado por Hamás do 7 de outubro e trece palestinos e un libanés mortos nos posteriores bombardeamentos e accións militares de Israel sobre Gaza e o Líbano. A FIP solicitou á Unesco que garanta a protección das e dos informadores.
Francisco X. González Sarria, decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Luis Menor Pérez, presidente da Deputación de Ourense, reuníronse co obxectivo de colaborar na posta en valor do labor das e dos xornalistas ante a cidadanía ourensá. Na xuntanza acordouse potenciar o Premio de Xornalismo Xosé Aurelio Carracedo e explorar iniciativas como a realización de obradoiros de comunicación nos centros de ensino.
A Federación de Sindicatos de Xornalistas está a colaborar na realización dun estudo para coñecer o grao de aplicación das recomendacións realizadas pola Comisión Europea en setembro de 2021 para a protección das e dos xornalistas. Co traballo aínda por rematar, a Federación xa adiantou que España non puxo en marcha ningunha das medidas propostas, entre as que se encontraban a protección nas manifestacións e propostas, cursos de formación específicos, campañas de sensibilización ou a recolla de datos sobre agresións.
O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia anuncia a súa oferta formativa para os próximos meses, que consta dos webinars Golosinas visuais: a violencia simbólica no marco da biopolítica, impartido por Isabel Menéndez (21 de outubro) e Introdución ao xornalismo de datos: primeiros pasos, competencias e ferramentas, por Miguel Rodríguez Fernández (25 de novembro). Os cursos realizaranse en sábado, en horario das 11.00 ás 13:00 horas, a través da plataforma de formación online do CPXG, e pode asistirse a eles tamén de maneira diferida. A inscrición está xa aberta e remata o mércores 18 de outubro para o primeiro dos webinars, e o 22 de novembro para o segundo.
O Consell de la Informació de Catalunya, o Col·legi de Periodistes de Catalunya e as universidades catalás con estudos de xornalismo denuncian os perigos que representa o 'clickbait' para a profesión. Esta práctica, cada vez máis habitual nos medios de comunicación, "pon en risco a veracidade das informacións, xera unha perda de confianza por parte da cidadanía e contradí os principios que todas as facultades de xornalismo asinantes ensinan aos seus alumnos", aseguran.
Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro recolleron esta mañá na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia o III Premio de Xornalismo 'Somos Esenciais', organizado polo propio Colexio en colaboración con Gadis, polas reportaxes "Una tarde en Teixeiro: «¿Se porta bien?»", "Con ganas de salir adelante" e "Una mañana en Teixeiro: Deporte, trabajo, estudio y manualidades para volver a la calle". María de La Huerta, finalista, recibiu tamén unha mención especial por "Suicidio de mayores, un drama silenciado". As tres profesionais de La Opinión A Coruña reivindicaron no acto a importancia do xornalismo local e pausado.
Desde o vindeiro luns 2 de outubro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia regresa ao horario de inverno, segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña. A partir de agora, o CPXG estará aberto de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas de luns a xoves e de 08.00 a 15.00 horas os venres.
Gemma Malvido e Vanessa Casteleiro, gañadoras do Premio de Xornalismo Somos Esenciais 2023, e María de La Huerta, finalista, recollerán os seus galardóns o martes 3 de outubro ás 11:00 horas na sede do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en Santiago. O premio está organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en colaboración con Gadis.