A CE avaliará o pluralismo dos medios de comunicación
A Comisión Europea (CE) avaliará o estado do pluralismo dos medios de comunicación nos 27 países membros da UE, nunha iniciativa lanzada ante as preocupacións do Parlamento Europeo pola concentración de medios e as súas consecuencias na liberdade de expresión.
A Comisión lanzou onte un debate sobre o pluralismo nos medios de comunicación da UE coa análise dun documento que revisa a situación no sector, e anunciou que realizará neste ano un estudo a fondo para definir unha serie de indicadores obxectivos cos que avaliar o pluralismo na Unión.
"Mentres os medios afrontan cambios e reestruturacións radicais debido á novas tecnoloxías e a competencia global, manter o pluralismo é crucial para o proceso democrático dos Estados membros e da UE", sinalou a comisaria encargada dos Medios de Comunicación, Viviane Reding.
O estudo independente que a CE vai realizar busca establecer criterios específicos para definir e avaliar o pluralismo en cada un dos países comunitarios, co obxectivo de achegar "maior claridade" ó debate.
Entre os elementos que se incluirán figuran os instrumentos legais e as políticas de apoio ó pluralismo en cada Estado, o abano de medios accesibles ós cidadáns e a situación económica dos medios.
O documento que analizou a CE sinala que garantir o pluralismo nos medios de comunicación implica todas as medidas que aseguran que os cidadáns accedan a unha variedade de fontes de información e opinións, a fin de poder formarse unha opinión sen a influencia dunha fonte dominante. Tamén di que a concentración dos medios se converteu en "un asunto importante" en toda Europa nos últimos dez anos.
O documento lembra que a aplicación da lexislación europea sobre competencia xoga un papel destacado, pero que "non pode substituír" ós mecanismos nacionais sobre concentración de medios.
BRUXELAS
EL CORREO GALLEGO
R. C. F.