A emisora católica Radio María recolle sinaturas para obter máis licenzas

Radio María solicita ós seus oíntes firmas para poder demostrar ás administracións o servizo público desta radio e demostrar que se trata dunha ferramenta necesaria para moitos cidadáns.
O goberno central distribuíu ás comunidades autónomas case 900 frecuencias de FM para que sexan estas administracións as que as distribúan polo seu territorio. De momento xa se abriron as convocatorias para as Comunidades Autónomas de La Rioja e de Madrid. A intención de Radio María é poder contar con máis licenzas e estender a emisión por todo o territorio nacional.

"Vivimos certa situación de provisionalidade que podería prexudicar a vida da nosa radio", expresa o director de Radio María, Esteban Munilla, quen explica a Veritas as dificultades desta emisora á hora de solicitar estas licenzas.

Radio María é unha radio de servizo público, financiada polos oíntes e na cal non se emite ningún tipo de publicidade, por iso queda na marxe dos medidores de audiencias (EGM e EGA). "Como non temos datos de audiencia, a recollida de sinaturas é a única maneira de saber a xente que nos escoita". Coas sinaturas recollidas farase un estudo con datos aproximativos dos oíntes para poder así certificar o servizo público desta iniciativa radiofónica.

MADRID
PERIODISTAS-ES / VERITAS