A Rede de Colexios de Xornalistas ofrece dez bolsas de matrícula gratuíta para o IV Congreso Internacional de Transparencia

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas ofrece dez bolsas de matrícula gratuíta para o V Congreso Internacional de Transparencia que se celebrará en Málaga os días 30 de setembro e 1 e 2 de outubro, organizado pola Asociación Española de Acreditación da Transparencia, ACREDITRA.

Para poder optar á bolsa é preciso estar colexiada ou colexiado nalgún dos Colexios de Xornalistas do Estado. Ademais da matrícula, as persoas que gocen da bolsa poderán aproveitar o desconto do 30% establecido por Renfe para os asistentes ao Congreso.

As persoas interesadas en solicitar a bolsa teñen que escribir antes do 25 de xullo a administracion@periodistasandalucia.es, indicando no asunto CONGRESO DE TRANSPARENCIA 2019 e incluíndo apelidos, nome, teléfono e dirección de correo electrónico de contacto, provincia de residencia e colexio ao que pertencen. 

CPXG