A Rede de Colexios Profesionais apoia a creación dun colexio de xornalistas en Madrid

O Foro de Estudiantes de Periodismo y Comunicación, espacio de encontro de estudantes de xornalismo e comunicación das universidades madrileñas, presentou este mércoles un manifesto que pide a creación dun colexio de xornalistas en Madrid e reivindica a titulación para o exercicio da profesión en entidades públicas. No acto, celebrado na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense, estiveron representantes da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas e dos decanos de todas as facultades de comunicación de Madrid, quen apoian a iniciativa.

O manifesto do estudantado salienta que "a profesión xornalística é cada día máis precaria e que, ademais, padece un crecente descrédito", exemplificado en problemas como a precariedad e o intrusismo laboral, a brecha de xénero, os conflictos éticos, a elaboración de leis contra la libertad de expresión, as presións empresariais e políticas, o desamparo legal, a priorización do espectáculo ou o uso excesivo dos convenios de prácticas..

Fronte a esta situación, o Foro de Estudiantes de Periodismo y Comunicación reivindica que o xornalismo "se realice de acordo cos necesarios conocimientos e competencias que unicamente poden ser adquiridas tras un profundo estudo en centros académicos" e que as titulacións sexan "imprescindíbeis para exercer a profesión en entidades públicas". Reclaman tamén "que se respecten los valores ético-profesionais do Xornalismo e que estean recollidos nun Código Deontolóxico para toda la profesión".

Para conseguir todo isto, piden a creación dun colexio profesional de xornalistas en Madrid, que vele pola profesión e sexa o garante do libre exercicio do xornalismo nesa comunidade, "en liña co labor desenvolvido polos colexios que se foron constituíndo noutras comunidades desde 1985 e que forman a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas de España". Actualmente forman parte da devandita rede os colexios de Cataluña, Galicia,  MurciaAndalucíaCastela e León, o País VascoA RioxaAsturias e Navarra

CPXG