A Rede de Colexios reclama un sistema de roldas de prensa que permita participación directa, repreguntar e non desvele o contido das preguntas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas considera que o sistema das roldas de prensa non presenciais do Goberno ten que garantir a participación directa dos xornalistas, a posibilidade de repreguntar e que non sexa necesario revelar anticipadamente o contido das preguntas.

Neste sentido, desde a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas enviouse ao Secretario de Estado de Comunicación, Miguel Ángel Oliver, unha carta na que se detallan os criterios que deberan cumprir as roldas de prensa non presenciais. Este é o contido da misiva:

En relación á súa proposta para estabelecer unhas pautas no desenvolvemento das roldas de prensa non presenciais que con motivo da crise sanitaria por CIVID19 se están a producir estes días, desde a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas consideramos que o modelo que se estabeleza ten que cumprir os seguintes criterios:

  • Participación directa dos xornalistas (videoconferencia).
  • Traslado das preguntas sen que se revele por anticipado o seu contido.
  • Posibilidade de repreguntar.

Ten que procurar a máxima participación dos xornalistas acreditados, para garantir a pluralidade informativa e a equidade entre os distintos medios. 

Se o sistema que vostede propón cumprir eses requisitos, a Rede daría a súa conformidade

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

 

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas