Desconto para membros do CPXG no curso de 'Como falar en público' organizado pola UNED de Ourense no Carballiño

O Centro UNED de Ourense organiza no Carballiño, entre os días 27 de febrero e 1, 6 e 8 de marzo, o curso de Extensión Universitaria Cómo falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Márketing, e terá un prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG.

O curso vaise realizar en horario de 18 a 21 horas no salón de plenos do Concello do Carballiño (Praza Maior, s/n). A través deste curso de formación ensinaranse aos asistentes técnicas e estratexias para controlar os nervios e a locución, fundamentais para falar ben en público. A linguaxe é a principal ferramenta da oratoria, e podemos conseguir unha comunicación directa e sinxela cun discurso forte. Saber comunicar é, hoxe en día, fundamental, tanto na vida profesional como na persoal.

O custo da matrícula é de 30 euros, cun prezo reducido de 20 euros para colexiados e colexiadas do CPXG e de 10 euros para persoas en situación de desemprego. O curso vai constar de 25 horas de formación, 16 delas presenciais e 9 a distancia. Estará impartido por Alba Adá Lameiras, licenciada en Xornalismo e experta en Comunicación 2.0.

A matricula abrirase o día 15 de xaneiro. Máis información e formulario de matrícula aquí.

CPXG