Aberta a consulta pública para o segundo dividendo dixital
O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital abre cunha consulta pública o proceso de liberación da banda dos 700 MHz, que levará á unha nova resintonización da TDT coñecida como "segundo dividendo dixital".
O Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital vén de abrir unha consulta pública sobre o proceso de liberación da banda de frecuencias dos 700 MegaHertzios (694-790 MHz). A liberación desta banda responde ao proceso coñecido como "segundo dividendo dixital", que obrigará, antes de xuño de 2020, a utilizar estas frecuencias, actualmente ocupadas pola Televisión Dixital Terrestre (TDT), para a prestación de servizos de 5G, en toda a Unión Europea .
O proceso de liberación deste espectro será semellante ao primeiro "dividendo dixital" realizado no 2015, que obrigou a resintonizar numerosas antenas de televisión e rematou co apagamento das canles que emitían na banda dos 800 MHz. Xa naquela altura, algunhas voces criticaron a falta de previsión ante unha nova resintonización que xa estaba prevista por Bruxelas, e que se confirmaría pouco despois.
A consulta pública se estrutura en torno a aspectos como a liberación do segundo dividendo dixital, o uso de bandas de frecuencia inferior aos 700 Mhz, a licitación e uso da banda 700 MHz, a coexistencia entre as emisións de servizos de banda ancha inalámbrica na banda de 700ou MHz e as emisións de servizos de radiodifusión na banda sub 700 ou a evolución tecnolóxica futura da Televisión Digital Terrestre. As contribucións que se queiran realizar neste período de consulta pública poderán remitirse ata o día 19 de febreiro de 2018 a través do e-mail consulta700@minetad.es.
CPXG