As Cortes de Aragón aproban a lei de creación do Colegio de Periodistas de Aragón

O pleno das Cortes de Aragón aprobou este xoves 19 por unanimidade a Lei de creación do Colegio de Periodistas de Aragón. O órgano colexial, que comezou a proporse no 2007, sumaríase aos nove xa existentes no Estado. 

A aprobación da lei supón o primeiro paso para poñer en pé o órgano. Trala publicación no Boletín Oficial de Aragón do texto, abrirase un prazo de seis meses no que desde a Asociación de Periodistas de Aragón se creará unha comisión xestora, encargada de redactar os estatutos do Colexio e convocar a asemblea constituínte, que será a encargada de aprobar definitivamente os estatutos e elixir os órganos de goberno para comezar a traballar.

O colexio aragonés é unha longa reclamación da Asociación de Periodistas de Aragón (APA), que xa aprobou en 2007, a través da súa Asemblea Xeral, impulsar a súa creación. Actualmente, ademais do de Galicia, están constituidos os colexios profesionais de xornalistas en CataluñaMurciaAndalucíaCastela e León, o País VascoA RioxaAsturias e Navarra

CPXG