Carta do decano do CPXG ós sindicatos labregos Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato labrego Galego

Exponse a continuación a carta que o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), en representación da Xunta de Goberno, remitiu ós secretarios xerais Juan Pérez Sánchez-Orozco, Roberto García González e Carmen Freire Cruces, das entidades Xóvenes Agricultores, Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego, respectivamente, por mor dos altercados ocorridos onte durante as protestas dos gandeiros na fábrica de Leite Celta, en Pontedeume.
Estimado Secretario Xeral,

A vista dos feitos acontecidos o xoves 13 de marzo de 2008 nas instalacións de Leche Centa en Pontedeume nos que varios profesionais de distintos medios de comunicación recibiron coaccións e ameazas por parte dos gandeiros que participaban nas movilizacións pola caída dos prezos do leite quero trasladarlle algunhas consideracións que seguro que comparto con vostede.

Nunha sociedade democrática o exercicio dun dereito lexítimo non pode imposibilitar o exercicio de outro. Aínda que me costa que determinadas actuacións dos traballadores nunha situación de conflicto escapan as directrices que se poidan impartir desde unha organización sindical, prégolle que faga todo o posible para que no futuro en situacións semellantes os profesionais da información poidan desenvolver o seu traballo sen ameazas nin coaccións.

Existen cauces democráticos que teñen amparo xurídico para expresar a discrepancia con calquera información, como é o dereito de réplica.

Sen outro particular, agradezolle de antemán todo o que poida facer para que os xornalistas poidan informar en liberdade.

Atentamente,

Xosé Manuel Vega Gómez
Decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia
.