Comezou o Foro sobre 'Comunicación e Mocidade' do Observatorio dos Medios
O Seminario Permanente sobre Comunicación, Cidadanía e Xornalismo Social do Observatorio Galego dos Medios, que depende do CPXG, continúa en 2007 coa celebración dos seus foros internacionais sobre xornalismo e sociedade. O luns, 15 de xaneiro, arrincou a fase virtual do Foro sobre 'Comunicación e Mocidade', no que se poderá debatir sobre os diferentes aspectos do tratamento informativo que recibe a mocidade nos medios de comunicación. Este foro terá a súa xornada presencial o 22 de xaneiro en Lugo, día no que remata. Pretende servir de punto de encontro entre o asociacionismo xuvenil e os profesionais dos medios de comunicación.
Trala celebración dos foros dedicados a 'Comunicación e Discapacidades', e a 'Comunicación e Xénero', o Observatorio prepara, para alén do relacionado con mocidade, outro foro sobre 'Comunicación e Persoas Maiores', que se desenvolverá durante os meses de febreiro e marzo.
O Observatorio dos Medios irá informando a través da súa páxina web do programa e demais información relacionada co Foro sobre 'Comunicación e Mocidade', así como do seguinte, sobre 'Comunicación e Persoas Maiores'.