Convocadas eleccións a representantes das demarcacións da Coruña, Ferrol e Lugo

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia convoca as eleccións para a renovación de representantes das demarcacións da Coruña, Ferrol e Lugo no Pleno Territorial.

As eleccións desenvolveránse de acordo co seguinte procedemento:

1. De acordo cos Estatutos do CPXG: 
 
- Á demarcación da Coruña correspóndelle elixir catro representantes no Pleno Territorial. 
- Á demarcación de Ferrol correspóndelle elixir dous representantes no Pleno Territorial.
- Á demarcación de Lugo correspóndelle elixir tres representantes no Pleno Territorial.

2. O prazo de presentación de candidaturas comezará o 13 de outubro e rematará o 20 de outubro de 2020. As candidaturas deberán estar asinadas por todos os membros que a compoñan e ser entregadas persoalmente (en horario de oficina) ou por correo certificado na sede do CPXG en Santiago (rúa Ponferrada, 9, baixo) ou ben enviadas por correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal

3. O 21 de outubro faranse públicas na web oficial do Colexio (xornalistas.gal) as candidaturas recibidas.

4. O 21 e 22 de outubro poderán presentarse as reclamacións, polas mesmas vías detalladas no punto 2 para a presentación de candidaturas.

5. O día 23 de outubro a Xunta de Goberno resolverá as reclamacións. Se só hai unha candidatura validamente presentada, será proclamada gañadora e darase por rematado o proceso electoral.

6. Se hai polo menos dúas candidaturas validamente presentadas, determinarase un día e hora na última semana de outubro para realizar a votación. A cita e o lugar será comunicado aos/ás colexiados/as de cada demarcación no seu momento. 

7. Para exercer o dereito ao voto será preciso presentar o DNI ou o carné do CPXG.

8. A elección dos/as compoñentes de mesa electoral farase por sorteo.

9. Segundo establecen os Estatutos do CPXG: 
Artigo 34.- Elixibilidade e condición de persoa electora
Terán condición de persoas electoras e elixibles todos os membros do Colexio de pleno dereito cunha antigüidade mínima de tres meses no momento de seren convocadas as eleccións e que estean ao día das súas obrigas colexiais, mesmo das económicas.

10. Podes consultar o censo chamando ao 981 93 56 70 ou escribindo un correo electrónico a xornalistas@xornalistas.gal. Para comprobar que estás nel terás que facilitar nome, DNI e número de colexiado/a.

Xunta de Goberno
Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia