Convocadas eleccións a representantes das demarcacións da Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia comunica a convocatoria de eleccións a representantes das demarcacións da Coruña, Pontevedra, Santiago e Vigo no Pleno Territorial.
As eleccións desenvolveránse de acordo co seguinte procedemento:
1. De acordo cos Estatutos do CPXG:
- Á demarcación de A Coruña correspóndelle elixir tres representantes no Pleno Territorial.
- Á demarcación de Pontevedra correspóndelle elixir un representante no Pleno Territorial.
- Á demarcación de Santiago correspóndelle elixir cinco representantes no Pleno Territorial.
- Á demarcación de Vigo correspóndelle elixir dous representantes no Pleno Territorial.
2. O prazo de presentación de candidaturas comezará o 16 de marzo e rematará o 23 de marzo de 2017. As candidaturas deberán estar asinadas polo candidato/a ou candidatos/as e entregadas persoalmente ou por correo certificado na sede do CPXG en Santiago (rúa San Pedro Mezonzo 36, 1º)
3. O 26 de marzo faranse públicas no taboleiro de anuncios da sede do CPXG as candidaturas recibidas.
4. O 27 e 28 de marzo poderán presentarse as reclamacións.
5. O día 29 de marzo a Xunta de Goberno resolverá as reclamacións. Se só hai unha candidatura validamente presentada, será proclamada gañadora e darase por rematado o proceso electoral.
6. Se hai polo menos dúas candidaturas validamente presentadas, o día 5 de abril realizaranse as votacións entre as 12.00 e as 16.00 horas; o lugar será comunicado ós colexiados de cada demarcación no seu momento.
7. Para exercer o dereito ó voto será preciso presentar o DNI ou o carné do CPXG.
8 A elección dos compoñentes de mesa electoral farase por sorteo.
9. Segundo establecen os Estatutos do CPXG:
Artigo 33. Elixibilidade e condición de elector. Terán condición de electores e elixibles todos os colexiados de pleno dereito cunha antigüidade mínima de tres meses no momento de seren convocadas as eleccións e que estean ao día das súas obrigas colexiais, mesmo das económicas.
10. Os prazos rexeranse polo horario de oficina da sede do Colexio.
Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia