Doce badaladas, doce reivindicacións xornalísticas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, quere felicitar o aninovo cunha montaxe audiovisual que lembra as novas máis salientables do 2018 con doce reivindicacións xornalísticas para o ano entrante baixo o lema 'Por que a unión da profesión nos sirva de amparo'.

A fin da precariedade laboral, o dereito a preguntar, os medios públicos independentes, ... son só tres das doce reivindicacións, unha por badalada, que o Colexio quere compartir neste remate de ano, como recordatorio de que aínda quedan moitos obxectivos que cumprir dentro da profesión e que a única forma de acadalos é axuntando esforzos.

O Colexio quere agradacer a colaboración da xornalista, e representante da Demarcación de Vigo, Marta Clavero a súa edición; a La Voz de Galicia, Faro de Vigo, Reuters, Efe, La Opinión de A Coruña, Real Federación Española de Fútbol e Greenpeace polas fotografías; e aos fotoxornalistas: Mercedes Moralejo, Ricardo Grobas, Alba Villar, Xoán Álvarez, Óscar Vázquez, Carmela Quijeiro, Marcos Mínguez, Xoán Carlos Gil, Paco Rodrígues, Xoán Rey, Noé Parga e José Lores.

 

Doce badaladas, doce reivindicacións xornalísticas

 
CPXG