Esta semana Xornalismo na Escola "la Caixa" leva doce talleres a sete localidades de toda Galicia
'Xornalismo na Escola "la Caixa"', a iniciativa posta en marcha polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social ‘la Caixa’, enceta unha nova semana na que se realizarán un total de doce obradoiros en Rois (luns 9), Quiroga (luns 9 e martes 10), Teo (mércores 11 e xoves 12), Caldas de Reis (mércores 11), Chantada (mércores 11), O Grove (xoves 12) e Sarria (venres 13).
- Luns 9 no CPI dos Dices de Rois, dous obradoiros con comezo ás 9.00 horas. Imparte os obradoiros Olaia Tubío Rei.
- Luns 9 no IES de Quiroga, un obradoiro con comezo ás 10.50 horas. Imparte o obradoiro Xavier López Quiroga.
- Martes 10 no IES de Quiroga, un obradoiro con comezo ás 10.50 horas. Imparte o obradoiro Xavier López Quiroga.
- Mércores 11 no IES Plurilingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis, dous obradoiros con comezo ás 9:00 e ás 12:50 horas. Imparte os obradoiros María Rodiño Pérez.
- Mércores 11 no IES de Cacheiras en Teo, un obradoiro con comezo ás 9:35 horas. Imparte o obradoiro Ángel Castro Silva.
- Mércores 11 no IES Val do Asma de Chantada, un obradoiro con comezo ás 9:35 horas. Imparte o obradoiro Xavier López Quiroga.
- Xoves 12 no IES de Cacheiras en Teo, un obradoiro con comezo ás 8:45 horas. Imparte o obradoiro Ángel Castro Silva.
- Xoves 12 no IES As Bizocas do Grove, dous obradoiros con comezo ás 11:00 e ás 12:40 horas. Imparte os obradoiros María Rodiño Pérez.
- Venres 13 no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria, un obradoiro con comezo ás 12:35 horas. Imparte o obradoiro Xavier López Quiroga.
Xornalismo na Escola “la Caixa”
Estes obradoiros forman parte dun total de 90 que pretenden chegar a miles de rapaces e rapazas de toda a comunidade. Durante os meses de febreiro, marzo, abril e maio, os seis xornalistas seleccionados tratarán de fomentar que a xuventude galega coñeza o funcionamento dos medios de comunicación, así como estimular o seu espírito crítico ante os contidos que se difunden nos distintos soportes offline e online. Deste xeito, os alumnos tratarán temas como os riscos e vantaxes das novas tecnoloxías de información e a comunicación (TIC), a necesidade da mediación e o contraste de fontes no xornalismo ou, tamén, como lle afecta á xente nova a veracidade e o rigor xornalístico.
Este proxecto, que se pode seguir en twitter baixo o hashtag #XornalismoNaEscolalaCaixa, naceu grazas a un acordo acadado a finais de 2015 entre o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e a Obra Social 'la Caixa'. As catro primeiras edicións de ‘Xornalismo na Escola “la Caixa”’ desenvolveron con grande éxito entre o 2016 e o 2019 máis de 360 talleres talleres de comunicación en numerosos puntos da xeografía galega, levando estes obradoiros a miles de alumnos e alumnas da comunidade.
A Obra Social ‘la Caixa’ está a levar esta iniciativa a outras cidades e comunidades autónomas, onde xa hai algúns anos que se puxo en marcha o proxecto. Cataluña, Sevilla e Madrid son algúns deses lugares onde se ven celebrando obradoiros de similares características.
CPXG